CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES  

Castellano | English

  - Fauna

Corporación | Entorno | Clima | Turismo | Fauna | Historia | Patrimonio | Omix | Fotos |

 
Para a descrición da fauna vámonos limitar as especies visibles facilmente no territorio. De seguido imos citar especies de vertebrados tendo en conta, ou ben a súa representatividade dentro de cada un dos medios naturais, ou ben a importancia derivada da súa rareza ou valor ecolóxico.

Aves
Na zona detectáronse arredor de 89 especies, das cales 45 pódense considerar sedentarias, 23 estivais, 8 invernantes e 13 ocasionais.

Nas áreas de vexetación de mato son de reseñar 4 ordes principais:

1.- Paseriformes, cunha grande densidade na época de cría en especies coma:

  • Curruca rabilonga (Sylvia undata).
  • Tarabela común (Saxicola torquata).
  • Acentor común (Prunella modularis).
  • Alcaudón dorsiroxo (Lanius collurio).
Curruca
Curruca
Tarabela
Tarabela
Acentor
Acentor
Alcaudón
Alcaudón

2.- Ou ben raras como:

  • Corvo (Corvus corax).
  • Rabialba gris (Oenanthe oenanthe).
Corvo
Corvo
Rabialba
Rabialba

3.- Falconiformes e accipitriformes, dos que o máis abundante é:

  • Ratoeiro (Buteo buteo).
Ratoeiro
Ratoeiro

Outras típicas de mato son:

  • Aguiacho cincento (Circus pygargus).
  • Aguiacho pálido (Circus cyaneus).
  • Cernícalo (Falco tinnunculus).
Aguiacho cincento
Aguiacho cincento
Aguiacho pálido
Aguiacho pálido
Cernícalo
Cernícalo


4.- Galliformis, dos que se presentan:

  • Paspallás (Coturnix coturnix).
  • Perdiz (Alectoris rufa), esta de grande importancia cinexética, aínda que atopándose en franca regresión.
Paspallás
Paspallás
Perdiz
Perdiz

No medio fluvial hai que salienta-la presenza de dous paseriformes intimamente vencellados a zonas de fervenzas e augas rápidas:

  • Lavandeira cascadeña (Moratalla cinerea).
  • Merlo acuático (Cinclus cinclus), a sua presenza é indicativa da pureza das augas nos tramos que habita.
Lavandeira
Lavandeira
Merlo acuático
Merlo acuático

No que respecta ao encoro de Eiras cabe citar dúas especies importantes:

  • Anade real (Anas platyrhynchos), nidificante no mato e regatos próximos á represa. A súa presenza abundante no verán configura ao encoro coma unha área importante de muda a nivel provincial.
  • Andoriña daurica (Hirundo daurica), nidificante no muro da presa, en número reducido, dende hai poucos anos. Pero trátase da primeira cita de cría desta especie para a provincia de Pontevedra.
Anade real
Anade real
Andoriña daurica
Andoriña daurica

Outras acuáticas presentes na zona son:

  • Garza real (Ardea cinera), con presenza dalgúns individuos no inverno, así coma con reprodutores en primavera - verán.
  • Zampullín pequeno (Tachybaptus Ruficollis), que constrúe niños flotantes ancorados na vexetación arbustiva das ribeiras. Sen dúbida, vese afectado polas flutuacións do nivel das augas da represa.
Garza real
Garza real
Zampullín
Zampullín

Entre as aves do bosque, tanto rupícola coma fraga e piñeiral, téñense observado unhas 25 especies. Das Paseriformes salientan as insectívoras, pola súa importancia no control das pragas:

  • Carboeiro común (Parus major).
  • Carboeiro ganapiñeiros (Parus ater).
  • Mito (Aegithalos caudatus).
  • Trepador común (Sittidae europaea); ésta última, rara na Provincia de Pontevedra.
Carboeiro común
Carboeiro común
Carboeiro ganapiñeiros
Carboeiro ganapiñeiros
Mito
Mito
Trepador
Trepador

Das rapaces (ordes Accipitriformes e Estrigifórmes ou nocturnas), hai que mencionar:

  • Azor (Accipiter gentilis).
  • Gavilán (Accipiter nisus).
  • Cárabo (Strix aluco).
Azor
Azor
Gavilán
Gavilán
Cárabo
Cárabo

Anfibios
Téñense identificado as seguintes especies:

  • Sapiño pintollo (Discoglossus pictus).
  • Sapo dos leiros ou sapo común (Bufó bufó).
  • Sapo corredor (Bufo calamita), abundante en pozas e zonas húmidas do mato.
  • Ran verde (Rana perezi), abundante en certas zonas do encoro de Eiras.
  • Ran patilonga (Rana iberica), frecuente nas beiras dos regatos e panascos.
  • Tritón ibérico (Triturus boscai), en pozas de zonas altas en bordes de ríos e regatos.
  • Saramaganta (Salamandra salamandra).
  • Saramaganta rabuda (Chioglossa lusitanica), especie propia de regatos e fervenzas con ribeiras en sombra de mesta vexetación e fragas. E de grande importancia xa que se trata dun endemismo ibérico localizable únicamente en Galicia e Norte de Portugal.
Sapiño pintollo
Sapiño pintollo
Sapo común
Sapo común
Sapo corredor
Sapo corredor
Ran verde
Ran verde
Ran patilonga
Ran patilonga
Tritón ibérico
Tritón ibérico
Saramaganta
Saramaganta
Saramaganta rabuda
Saramaganta rabuda

Reptís
As especies observadas no Concello son as seguintes:

  • Lagarto verdinegro (Lacerta lepida), propio de zonas secas de vexetación de mato penedos, valados, etc.
  • Lagartixa (Podarcis sp.), querenciada sobre todo a casas e medio humano en xeral.
  • Eslizón tridactilo (Chalcides chalcides), lagarto de aparencia serpentiforme, propio da vexetación de mato.
  • Serpe de cristal ou lución (Anguis fragilis), saurio ápodo, de zonas de mato, prados e bosques.
  • Cobra sapeira ou cobra de colar (Natrix natrix), aínda que é relativamente frecuente nas zonas húmidas, non desbota o mato seco.
  • Cobra de auga (Natrix natrix).
  • Coronela meridional (Coronella girondica).
  • Cobra de escaleira (Elaphe scalaris).
  • Cobra bastarda (Malpolou mospessulanus), é a serpe de maior tamaño de Galicia (chega a acadalos 2,5 m.). No mato e no bosque.
  • Víbora galega (Vipera seoanei). Non é frecoente, pero pode aparecer en toxais secos e tamén en fragas híunidas de beira fluvial.
Lagarto verdinegro
Lagarto verdinegro
Lagartixa
Lagartixa
Eslizón tridactilo
Eslizón tridactilo
Serpe de cristal
Serpe de cristal
Cobra sapeira
Cobra sapeira
Cobra de auga
Cobra de auga
Coronela meridional
Coronela meridional
Cobra de escaleira
Cobra de escaleira
  Cobra bastarda
Cobra bastarda
Víbora galega
Víbora galega
 

Peixes
Somentes dúas especies:

  • Troita común (Salmo trutta), de grande interese polo seu aproveitamento deportivo. Os exemplares dos regatos de augas rápidas son perfectamente diferenciables dos que se dan no encoro de Eiras; estes proceden de repoboacións artificiais.
  • Angula (Anguilla anguilla); a partires da construción da represa, augas arriba da mesma nótase unha diminución no seu número.
Troita común
Troita común
Angula
Angula

Mamíferos
Pola súa relación co home cítanse tres especies principais (presentes, preferentemente, en áreas de vexetación de mato ou vexetación arbórea densa):

  • Lobo (Canis lupus), Descoñécese a súa poboación real, anque polos danos ocasionados ao gando e as áreas da súa actuación, supónselle en aumento. O seu interés ecolóxico deriva do importantísimo feito de que aquí dase un dos últimos hábitats do lobo en Europa.
  • Xabarín (Sus scropha). Especie problemática polos danos ocasionados en cultivos (millo, principalmente). A súa aparición fíxose notar dende hai uns catro anos. A poboación vai en aumento e busca acollida nas grandes xesteiras, uceiras e fragas rupícolas.
  • Coello (Oryctolagus cunículus). Importante peza cinexética, aínda que as súas poboacións aparecen hoxe en día mermadas, por diversas causas.
Lobo
Lobo
Xabarín
Xabarín
Coello
Coello

Outras especies de mamíferos que se dan na zona son:

  • Lebre (Lepus sp.), bastante frecuente antano nas campas outas; hoxe está a beira da desaparición no concello.
  • Raposo (Vulpes vulpes), con poboación en aumento, favorecida sobre todo pola profusión de botadeiros incontrolados.
  • Xeneta (Genetta genetta).
  • Garduña (Martes foina).
  • Lontra (Lutra lutra), localizados excrementos en varios tramos dos ríos e no encoro de Eiras.
Lebre
Lebre
Raposo
Raposo
Xeneta
Xeneta
Garduña
Garduña
  Lontra
Lontra
 

ARRIBA SEGUINTE